O concello de Mugardos xunto coa Asociación Comunidade O Zulo celebrará en Mugardos o 19 de Novembro de 2016 a Xornada de Software e Cultura Libre, un evento libre e gratuito organizado gracias ao convenio de colaboración asinado este mes de Outubro.
O obxectivo da xornada e achegar a tecnoloxía a tódalas franxas de idades, dende os máis pequenos ata maiores. Radio, fotografía, electrónica e tecnoloxías web estarán presentes durante toda xornada en Mugardos.
Programa da Xornada de Software e Cultura Libre
“Smartphonografía : Obradoiro de fotografía con teléfonos móbiles”
- Imparte: Xela Rodríguez García
- Horario : 10:30 a 13:30 horas.
- Lugar: Biblioteca Pública Municipal de Mugardos
“Iniciación a electrónica con Arduino”
- Imparte: Rafa Couto
- Horario: 10:30 a 13:30 horas.
- Lugar: Oficina Municipal de Información Xuvenil
“Podcast e ficcións sonoras”
- Imparte: Jorge Lama.
- Horario: 16:30 a 19:30 horas.
- Lugar: Biblioteca Pública Municipal de Mugardos
“Obradoiro de electrónica básica para cativos”
- Imparte: VermisLab
- Horario: de 16:30 a 18:30.
- Lugar: Oficina Municipal de Información Xuvenil
“Xornada de traballo – comunidadeozulo.org : migración a Drupal 8”
- Imparte: Javier Cartelle e Alberto Permuy
- Horario: 11:00 a 13:00 – 17:00 a 19:00 –
- Lugar: Salón de Plenos do Concello de Mugardos
“Mesa redonda: A tecnoloxía no movemento asociativo en Mugardos”
- Horario: 20:00 horas – Salón de Plenos Concello de Mugardos.
- Obxectivo: Convidaremos a tódalas asociacións de Mugardos para poñer en común o uso e necesidades da tecnoloxía e tentaremos buscar puntos de encontro para traballar en futuros proxectos comúns.
- O evento celebrarase o sábado 19 de Novembro de 2016 de 10:30 a 19:30 en Mugardos nos seguintes espazos :
- Oficina Municipal de Información Xuvenil
- Biblioteca Pública Municipal de Mugardos
- Salón de Plenos do Concello de Mugardos.
A inscripción nas xornadas e libre e de balde e pódese facer vía formulario web.
