Onte publicabamos o programa completo da alternativa á OSWC organizada por ASOLIF, hoxe informamos doutro evento que terá lugar en Málaga os días 27 e 28 outubro, organizado a raíz da inesperada cancelación da OSWC.
Trátase da xornada “Coñecemento libre e administración pública” organizada por Iniciativa Focus, e coa colaboración da Junta de Andalucía, a Junta de Extremadura e CENATIC.
Ramón Ramón desde Iniciativa Focus afirma que "foi un enorme esforzo poder organizalo en tan pouco tempo, pero a verdade é que contamos con gran axuda por parte de amigos, institucións, personalidades…, e conseguido pechar o programa dun evento, que sen lugar a dúbidas, traerá a bastantes personalidades e expertos do coñecemento libre a Málaga os próximos días 27 e 28 de outubro".
O programa inclúe o 27 de outubro a partir de 19:30 a 21:00 horas a Segunda Edición dos premios Focus ao Coñecemento Libre. Entre os nomeados a estes premios atópanse nomes moi representativos do sofware e do coñecemento libre. A lista de finalistas por categorías é a seguinte:
- Portal do ano no fomento do Coñecemento Libre:
- Oficina del Software Libre de la Universidad de Granada.
- Centro de Excelencia de Software Libre de Castilla-La Mancha (CESLCAM).
- La Gaceta Tecnológica.
- Á innovación no uso do Coñecemento Libre:
- Club de Montañismo y Naturaleza ELBRUZ.
- Escuela de Organización Industrial (EOI).
- Consorcio Fernández de los Ríos.
- Ao máximo defensor do Coñecemento Libre:
- Daniel Seseña.
- Daniel Armendáriz.
- Lourdes Muñoz Santamaría.
- Á organización Caso de Éxito:
- Proyecto OSOR.
- Ayuntamiento de Moclinejo.
- PSOE Málaga.
- Á empresa ou organización referente da Comunidade:
- Yaco Sistemas.
- Caja Guadalajara.
- Emergya.
- Ao membro impulsor dos valores da Comunidade:
- Martín García Hernández.
- Juan María Rodríguez Aguilera.
- Sebastián Muriel.
- Á Aplicación dos principios do Coñecemento Libre á forma de gobernar:
- Alcaldía de Jun.
- Grupo TIBI.
- Irekia, Gobierno Abierto.
- Ao político referente anual do Coñecemento Libre:
- Lourdes Muñoz Santamaría.
- Enrica Chiozza.
- Francisco Javier Conejo Rueda.
- Ao goberno emerxente do Coñecemento Libre:
- Ayuntamiento de Getafe.
- Ayuntamiento de Zaragoza.
- Chile.
- Á aposta pola Innovación e a Creación de riqueza baseada en Software Libre.
- Gobierno de Aragón.
- Sociedad de las Indias Electrónicas.
- Generalitat Valenciana.
O día 28 terá lugar o Foro sobre o coñecemento libre e as administracións públicas.
O contido xirará en torno ao valor que achegar o coñecemento aberto ás Administracións Públicas á hora de innovar, crear riqueza, xerar emprego e tecido empresarial, conservando ao tempo a independencia tecnolóxica e todas as vantaxes obxectivas que se asocian ao software libre dende o punto de vista técnico, económico e social.
O programa definitivo é o seguinte:
Foro sobre o Coñecemento Libre e a Administración Pública. De 10:00 a 14:00 horas.
- 10:00 a 10:30 horas. Inauguración Institucional.
- 10:30 a 11:00 horas. Ponencia Inaugural: Políticas de Innovación, Software Libre e Estándares Abertos dentro da Comunidad e Europea. Francisco García Morán, Director Xeral de Informática da Comisión Europea.
- 11:30 a 13:00 horas. Mesa Redonda: Políticas de Innovación e creación de riqueza mediante Coñecemento Libre nas Comunidades Autónomas.
- José Antonio Cobeñas, D.G. Tecnologías y Administración Electrónica. Junta de Andalucía
- Fernando Beltrán, Viceconsejero de Ciencia y Tecnología do Goberno de Aragón.
- Antoni Manchado, Director General TIC do Goberno Balear.
- Nagore de los Ríos, Directora de Gobierno Abierto y Comunicación en Internet do Goberno Vasco.
- Modera: Ramón Ramón Sánchez, Fundador e Portavoz de Iniciativa Focus.
- 13:30 a 14:00 horas. Ponencia: Software Público Internacional e Ecosistema de Transferencia Tecnolóxica do Goberno de Chile . Patricio Astorga. Asesor TI Secretaría de Desarollo Digital. Goberno de Chile.
Foro Academia para a Liberdade do Coñecemento . De 14:00 a 16:00. Evento pechado. Acceso por convite e previa confirmación.
Workshop do Foro de administracións públicas de CENATIC. De 16:00 a 18:00. Evento pechado. Acceso por convite e previa confirmación.
Fonte: CENATIC
