Mancomún

Xornadas de capacitación de OpenXpertya

Mércores, 12 Marzo 2008

A semana do 24 ao 29 de marzo terán lugar en Gijón dúas xornadas de formación sobre o openXpertya convocadas polo Centro de Formación de openXpertya en Asturias. Do 24 ao 27 serán as Xornadas de Consultoría Funcional de openXpertya e o 28 e 29 serán as Xornadas técnicas de parametrización incluída a nova versión 2.3. Terán lugar no Hotel Quinta Duro ubicado en Cabueñes, Gijón, en horario de 9 a 21 horas.

As xornadas van dirixidas a empresas ou profesionais do sector que teñan interese en converterse en socios de OpenXpertya e certificarse para ofrecer servizos sobre o produto ou ben aqueles que queiran profundar na funcionalidade de produto para a súa implementación na súa empresa ou a terceiros.

Nas xornadas, de carácter intensivo, abrodarase toda a funcionalidade do ERP openXpertya, así como os detalles de alcance do mesmo, como fai cada proceso de negocio, as transaccións que realiza. Veranse os procesos de instalación, necesidades mínimas de hardware, casos reais … Explicarán tamén as novidades da versión 2.3, a posibilidade de empregar distintos servidores de aplicación e distintas bases de datos, posibilidade de integración con outras aplicacións complementarias (Asterisk, Alfresco, xeneradores de informes visuais…)

A partir do luns 17 estár dispoñible o temario completo na sección de documentación da súa web. Ata entón admiten suxestións para o mesmo.

Os interesados poden reservar a praza ou solicitar maior información no correo electrónico jornadas @ openxpertya . com. Neste mesmo enderezo pódense reservar praza para futuras convocatorias si é que non se pode ir a esta, xa que din que a demanda é moi grande.

Fonte: openXpertya

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal