Mancomún

Xornadas de Experiencias e Negocio en Software Libre

Martes, 27 Outubro 2009

Xornadas de Experiencias e Negocio en Software LibrOs vindeiros 29 e 30 de outubro Fundefo (Fundación para o Desenvolvemento da Empleabilidade e a Formación) organiza na Coruña as “Xornadas de Experiencias e Negocio en Software Libre”.

Estas xornadas terán lugar no hotel Attica21 da Coruña situado en Matogrande. Participarán especialistas de todos os ámbitos profesionais pertencentes a empresas de diversos sectores económicos de Galicia (enxeñeiros, xornalistas especializados na materia, avogados, informáticos, …) e representantes das asociacións de usuarios e de asociacións de empresas de software libre.

Todo aquel que estea interesado en asistir debe enviar os seu datos (nome, apelidos, correo electrónico, número de teléfono) ao enderezo de correo electrónico srivas@fundefo.com para confirmar a asistencia o máis axiña posíbel xa que o aforo é limitado.

Estas xornadas contan co financiamento da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, do Plan Avanza, o Ministerio de Industria Turismo y Comercio e o Fondo Europeo de Desarrollo Regional.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal