Os vindeiros meses terán lugar unha serie de xornadas de difusión do software libre de carácter gratuíto e abertas á participación de toda a cidadanía.
As xornadas "Consume Software Libre, Consume Software Seguro" están organizadas pola Asociación de Centros Homologados co financiamento da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, do Plan Avanza, o Ministerio de Industria Turismo y Comercio e o Fondo Europeo de Desarrollo Regional.
Por outro lado o "Programa de seminarios de software libre, Informatízate" está organizado pola Asociación de empresarios discapacitados e financiado tamén pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, polo Plan Avanza, o Ministerio de Industria Turismo y Comercio e o Fondo Europeo de Desarrollo Regional.
Consume Software Libre, Consume Software Seguro.
Estas xornadas repetiranse en 4 cidades galegas en distintos fins de semana. Cada unha delas se dividirá nun relatorio titulado Software libre e seguridade durante a tarde do venres e a celebración dun obradoiro teórico-práctico sobre software libre en galego durante a mañá do sábado. Mancomún colabora fornecendo copias do Galinux que serán repartidas entre todos os asistentes.
O calendario é o seguinte:
Hotel Área Central, R/ parís 7c (fronte entrada supermercado)
tfno: 981 598 590
30-31 de outubro : Ferrol
Hotel Almirante, R/ maría 2
tfno: 981 369 790
6-7 de novembro : Ourense
Hotel Francisco II, R/ Bedoya 7
tfno: 988 366 268
13-14 de novembro : Lugo
Gran Hotel de Lugo, R/ Ramón Ferreiro 21
tfno: 982 252859
Todos aqueles interesado en asistir a estas xornadas deberán confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono correspondente á cidade onde desexen asistir.
Programa de seminarios de software libre, Informatízate.
Este programa tamén se realizará en 4 cidades galegas en horario de tarde e inclúe os seguintes seminarios, ao remate dos cales se entregará un diploma de asistencia:
- Básico de OpenOffice.org: Writer ( 15 horas)
- Navegación con Mozilla Firefox ( 15 horas)
- Tratamento de fotos con GIMP ( 15 horas)
- Creación e xestión dun blog ( 15 horas)
A celebración dos seminarios será en:
ACADEMIA VANGARDA – Dr.Yáñez Rebolo 56 B, Lugo
ACADEMIA MANZANEDA – Rúa Benito Vicetto 11 Baixos
ACADEMIA ABRENTE – Praza de América, 1 1a Planta, Vigo
As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Para obter máis información ou para inscribirse é preciso chamar ao teléfono 981 277 222 e preguntar por Susana ou no correo electrónico: snavarro @ azetanet . com
