Mancomún

Xornadas de promoción de software libre para as pemes

Xoves, 21 Outubro 2010

 [Actualizado 27 de outubro] Xa está dispoñible o formulario de inscrición nas distintas xornadas do ciclo:

  • Inscrición na xornada de Santiago
  • Inscrición na xornada de Lugo
  • Inscrición na xornada de Coruña
  • Inscrición na xornada de Vigo
  • Inscrición na xornada de Ourense
  • Inscrición na xornada de Ferrol

Logo de AGASOL AGASOL (Asociación Galega de Empresas de Software Libre) organiza un ciclo de Xornadas de Promoción de Software Libre para a PEME co título de “Software Libre contra a crise” en colaboración coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia. Este ciclo consta de 6 xornadas que terán lugar durante o mes de novembro en distintas cidades galegas, nomeadamente, Santiago de Compostela, Lugo, A Coruña, Vigo, Ourense e Ferrol.

O obxectivo fundamental das xornadas é que os asistentes adquiran unha comprensión básica ao tempo que amena, sobre as características do software libre, as súas vantaxes e as posibilidades de implantación a nivel empresarial, especialmente beneficiosas cando se trata de pequenas e medianas empresas. Achegaranse produtos e casos de éxito de uso de software libre á PEME galega que poden contribuír á mellora da súa produtividade e ao aforro de custes a través da utilización da tecnoloxía. Ao mesmo tempo, os asistentes poderán contactar cun grupo de posibles partners e/ou asesores tecnolóxicos cos que colaborar na implantación das solucións.

Así as xornadas presentan un dobre interese: amosar as potencialidades do software libre, e ofrecer diferentes posibilidades de soporte de produtos e servizos ás PEMES galegas por parte de AGASOL.
O uso do software libre nas empresas aporta vantaxes como a fiabilidade, a seguridade, a calidade e o aforro en licenzas atribuídas ao seu uso. Ademais, pode implantarse nun número ilimitado de equipos. Os especialistas dan outras razóns de peso para a implementación do software libre nunha organización, como o feito de que o seu emprego alonga a vida útil dos equipos informáticos da empresa porque se mantén operativo e funcional, mesmo nos equipos de maior antigüidade, de maneira que evita que se queden obsoletos antes que o software privativo.

O acceso ás xornadas será libre e gratuíto e só é preciso preinscribirse enviando un correo a info@agasol.org

Os lugares e datas previstas para as xornadas son:

  • SANTIAGO 04/11/2010 9:45-14:00
    Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
    Rúa Airas Nunes, s/n – Conxo/li>
  • LUGO 09/11/2010 10:00-14:00
    Confederación de Empresarios de Lugo
    Praza Santo Domingo, 6-8-2º
  • A CORUÑA 11/11/2010 10:00-14:00
    Confederación de Empresarios de A Coruña
    Praza Luis Seoane, torre 1, entreplanta
  • VIGO 16/11/2010 10:00-14:00
    Confederación de Empresarios de Pontevedra
    Avda. García Barbón nº 104, 1.ª
  • OURENSE 18/11/2010 16:00-20:00
    Confederación de Empresarios de Ourense
    Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao
    Rúa Ricardo Martín Esperanza s/n, Edificio Multiusos
  • FERROL 25/11/2010 10:00-14:00
    Centro de Innovación e Servicios de Galicia
    A Cabana s/n

Programa das xornadas:

  • 10:00 -10:15 Presentación institucional da xornada
  • 10:15 -11:00 Software libre: Solucións exitosas para a PEME.
    Ponente: Roberto Brenlla (TEGNIX)
  • 11:00 -11:45 Mellora da xestión empresarial. O caso de éxito de OpenERP.
    Ponente: Santiago Argüeso (Pexego)
  • 11:45 -12:00 Pausa café.

  • 12:00 -12:45 Administración de sistemas. Aibox.
    Ponente: Alejandro Escobar (Aitire)
  • 12:45 –13:30 Creación de portais corporativos con software libre. Joomla e Typo3.
    Ponente: Gumersindo Veloso (Redegal)
  • 13:30 -14:00 Coloquio e Peche xornada.

Esta actividade forma parte da actividades que a AGASOL desenvolve ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia e incluídas no plan de acción FLOSS 2010 da Xunta de Galicia.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal