Mancomún

Xornadas de Software e Cultura Libre en Mugardos

Martes, 24 Outubro 2017

A Asociación Comunidade O Zulo organiza o vindeiro sábado 28 de Outubro o evento Xornada de Software e Cultura Libre.

Trátase dun evento, como o seu propio nome indica, libre, e ademais de balde, organizado xunto co concello, ao abeiro do convenio que manteñen, asinado o pasado verán.

O obxectivo da xornada é achegar a tecnoloxía a tódalas franxas de idades, dende os máis pequenos ata maiores. Drons, fotografía, electrónica e tecnoloxías abertas estarán presentes durante toda xornada en Mugardos.

Na seguinte ligazón, podes completar o formulario de inscrición.

Programa

09:30 a 12:30

    Obradoiro “Iniciación a fotografía dixital”
    “Roteiro fotográfico por Mugardos”
    Relatorio “Publicación de contidos con licenzas abertas”

Relatores

12:30 a 14:00

    Obradoiro “Iniciación á pilotaxe de drons”

Relator: Jorge Lama

16:00 a 18:00

    “Obradoiro de retroelectrónica”
    “Presentación proxecto Chocoware: máquina recreativa libre Mugardesa”

Relatores: Christian López e Asociación Comunidade O Zulo

16:30 a 18:30 (Prazas esgotadas)

    “Obradoiro de Papitrónica:  Papiroflexia e electrónica para cativos”

Relatores: VermisLab

17:45 a 18:30

    Relatorio “Os perigos de Internet”

Relator: Mario Barcala

Nova orixinal no blog da comunidade.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal