Como xa se anunciara en Mancomún.org meses atrás, a Asociación de Centros Homologados está a organizar xornadas de software libre por distintos puntos de Galicia, os vindeiros venres 13 e sábado 14 de novembro para rematar esta serie de xornadas terá lugar en Lugo, concretamente no Gran Hotel Lugo.
Estas xornadas que foron denominadas como “Consume software libre, consume software seguro”, dividiránse nun relatorio titulado Software libre e seguridade durante a tarde do venres e a celebración dun obradoiro teórico-práctico sobre software libre en galego durante a mañá do sábado. Mancomún colabora fornecendo copias do Galinux que serán repartidas entre todos os asistentes.
Este evento conta co financiamento da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, do Plan Avanza, o Ministerio de Industria Turismo y Comercio e o Fondo Europeo de Desarrollo Regional.
