Mancomún

Xornadas de SwL na Escola Técnica Superior de Enxeñería da USC

Xoves, 19 Febreiro 2009

USCNa Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC estanse a desenvolver dende onte unhas xornadas técnicas sobre dúas plataformas libres: OpenCms e Sakai.

A primeira delas, á que se lle dedicou o día completo de onte, foi a de OpenCms na que se expuxeron, arredor dunha mesa redonda, distintas experiencias de uso desta plataforma e pechouse coa presentación das novas funcionalidades da futura versión de OpenCMS.

Durante todo o día de hoxe e o de mañá terá lugar a xornada sobre a plataforma libre Sakai. Trátase dunha plataforma de xestión de cursos en liña (Courseware Management System) que pretende competir con solucións privativas como WebCT e libres como Moodle.

Hoxe estanse a tratar cuestións como a Transición entre WebCT 4 e Sakai, a Implantación e mantemento de Sakai ou o Desenvolvemento dunha aplicación para Sakai entre outros.

Durante a xornada de mañá venres, falarase sobre o Estado de internacionalización de Sakai 2.6 ou Scorm, ferramentas de autor e visores de contidos en Sakai. Finalizará a xornada cunha mesa redonda.

Na web na das xornadas pódese consultar o programa completo .

Máis información na web da ETSE .

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal