Realizarase unha demostración práctica das ferramentas que xestionan a plataforma de Virtualización. Realizaranse probas das solucións tales como mover máquinas virtuais entre distintos nodos físicos sen paradas de servizo; verase a consola XenCenter; a ferramenta XenMotion; a solución de Provisioning; etc.
A reunión terá a seguinte axenda:
12:00 Benvida e Presentación de Ozona
12:10 Solucións Citrix de Virtualización de Aplicacións
12:40 Solucións Citrix de Application Networking
13:00 Virtualización de Servidores e de Escritorios con XEN
13:40 Citrix en España e no Sector Público
14:15 Cokctail
15:00 Obsequio e despedida
Inscrición: Formulario na web de Ozona
Fonte: Nota de prensa de Ozona
