Mancomún

Xornadas para achegar as aplicacións web de software libre á PEME

Xoves, 20 Novembro 2008
USCA AulaTIC-Pemes da Universidade de Santiago de Compostela instruirá a pequenas e medianas empresas e asociacións sobre as posibilidades que abre o uso de aplicacións web baseadas en software libre a través de dúas sesións que terán lugar este xoves e o vindeiro día 27 no Centro de Estudos Avanzados en horario de 18:00 a 21:00 horas baixo o lema As aplicacións web de software libre para Pemes e asociacións.
As Xornadas están orientadas a:
  • Xestión de Contidos e Portais Web con Spip – Solucións de éxito: Xestión de Intranets e Teleformación, Xestión Documental, Relacións cos Clientes ou Asociados, Xestión de Contidos e Portais Web.

  • Analizar exemplos reais de interese, coñecer as ferramentas por dentro, comprobar as súas capacidades e curvas de aprendizaxe, comprobar a súa usabilidade, estimar a dificultade/facilidade de instalación e posta en marcha, estimar áreas de uso experimental, etc.
  • Xestión das Relacións con Clientes Coñecer solucións de Software Libre e Asociados con vTigerCRM que están a ser usadas en grandes empresas nacionais e multinacionais, en universidades de renome, en ministerios, en organismos internacionais e que, en moita menor medida, están a ser empregadas nas PEMEs e nas súas Asociacións.
  • Manter uns foros temáticos de debate sobre estas ferramentas, abertos ó longo da duración das xornadas.

Programa completo (.pdf)

 

Fonte: USC
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal