Mancomún

Xornadas sobre Alfresco na Coruña

Mércores, 12 Novembro 2008

Hoxe mércores 12 de Novembro está a ter lugar en A Coruña, no Centro de Negocios do Polígono da Grela o Alfresco Iberia Roadshow, unha reunión informativa sobre a empresa e o produto Alfresco. Nela presentaranse aspectos comerciais, técnicos, casos de exito e novidades de Alfresco por parte de socios, clientes, membros da comunidade e representantes da empresa.

Como se pode ver no programa, é de destacar a participación da empresa galega Queres Tecnoloxías, membro da Asociación de empresas galegas de Software Libre (AGASOL).

Haberá 4 presentacións a cargo de:

  • Andrés Lozano, Director Business Development, Alfresco
  • Bill Brooks, Solutions Engineer, Alfresco
  • Victor Fariña, Responsable Gestión Documental, Queres Tecnologías
  • Julian Cerviño, Arquitecto Software, Queres Tecnologías
Para finalizar, falarase das vantaxes da versión de Alfresco 3.0 e convidarase aos asistentes a participar nunha mesa redonda na que se discutirá sobre a xestión documental na actualidade.
 
Fonte: AGASOL

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal