Mancomún

Xornadas sobre Computación de Altas Prestacións e Software Libre

Sábado, 1 Outubro 2011

Logotipo da Rede Galega de Computación de Altas PrestaciónsA Rede Galega de Computación de Altas Prestacións, en colaboración coa Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo, organiza os días 5, 6 e 7 de outubro en Ourense as Xornadas sobre Computación de Altas Prestacións e Software Libre. As xornadas están dirixidas a todos aqueles que desexen coñecer as posibilidades que permite o Software Libre para desenvolver solucións na área da supercomputación.

No eido da Computación de Altas Prestacións o Software Libre ten unha presencia indiscutible. O 91,20% do TOP500, a lista dos 500 supercomputadores máis potentes do mundo, empregan GNU/Linux como Sistema Operativo. No programa das xornadas poderase comprobar a estratexia de Software Libre de empresas coma BULL, HP, SGI e IBM neste campo. Así mesmo, presentarase o uso de Software Libre no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e a experiencias e resultados dos grupos de investigación das Universidades Galegas. Tamén estará presente Karsten Gerloff, Presidente da Free Software Fundation Europe para falar das vantaxes que supón a liberdade que permite o Software Libre.
Programa das xornadas:

Día 5

  • 10:30-11:00 Presentación das xornadas. Por parte de María Lameiras, Vicerrectora del Campus de Ourense, Enrique Barreiro – Director Escola Enxeñería Informática – Universidade de Vigo e Francisco Javier Rodríguez Martínez – Director Oficina Software Libre Universidade de Vigo
  • 11:00-12:00 Introdución, Juan Antonio Añel Cabanelas (University of Oxford e Proxecto GNU)
  • 12:30-13:30 Software Libre no Centro de Supercomputación de Galicia, Aurelio Rodríguez López (CESGA)
  • 16:00-17:00 Computación de altas prestacións: paradigmas e bibliotecas de programación baseadas en Software Libre, Juan Touriño Domínguez (Universidade de A Coruña).
  • 17:00-17:30 Software Libre nun programa de máster en HPC, Patricia González Gómez (Universidade de A Coruña)
  • 18:00-19:00 Distribucións GNU/Linux e HPC, Orlando García Feal (EPhysLab, Universidade de Vigo)
  • 19:00-20:00 Aplicación de novas tecnoloxías HPC: simulación de fluídos, Alejandro Jacobo Cabrera Crespo (EPhysLab, Universidade de Vigo)
  • 20:00-21:00 Conferencia – Taller.

Día 6

  • 10:00-11:00 Estratexia HPC e Software Libre en BULL, Rafael Grimán Canto
  • 11:30-12:30 Estratexia HPC e Software Libre en HP, Carlos Corroto
  • 12:30-13:30 Estratexia HPC e Software Libre en SGI, Miguel Terol Palencia
  • 16:00-17:00 Estratexia HPC e Software Libre en IBM,
  • 17:30-20:30 Conferencia – taller

Día 7

  • 10:00-11:00 HPC e GPUs, Emilio J. Padrón (Universidade da Coruña)
  • 11:30-13:00, Mesa redonda: liberdade e rendemento, Emilio J. Padrón, Juan A. Añel, Karsten Gerloff
  • 16:00-17:30 Construíndo e mantendo o teu CPD desde cero só con Software Libre, Diego Pérez Montes (Quobis Networks)
  • 18:00-19:00 HPC: unha perspectiva dende a liberdade, Karsten Gerloff, Presidente de Free Software Fundation Europe
  • 19:00-19:30 Clausura

A xornada terá lugar os día 5, 6 e 7 de outubro en Ourense no Salón de Actos do Edificio Politécnico, no Campus Norte, actual localización da Escola Superior de Enxeñería de Informática e a Facultade de Ciencias.

A inscrición ten un custo de 20 euros, sendo posible acceder a diferentes descontos. Esta pode realizarase na web http://it.ephyslab.uvigo.es/hpcsl/index.php/inscripci-n/

Esta pendente a convalidación dun crédito de libre elección para alumnos da ESEI e FCOU da Universidade de Vigo.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal