Mancomún

Xornadas sobre oportunidades de negocio do SwL en Vigo

Martes, 28 Outubro 2008

O Foro da Sociedade da Información do Club Financieiro de Vigo, en colaboración con Caixanova, organiza para mañá 29 de outubro unhas xornadas sobre as oportunidades de negocio do SwL dirixidas á PEME e ao sector TIC.

A primeira das xornadas terá lugar pola mañá de 10:00 a 13:30 e está orientada á PEME para tratar de demostrar a viabilidade do software libre para o seu negocio. A presentación correrá a cargo Miguel Diaz-Cacho Medina. A continuación Roberto Brenlla , dará o relatorio “Software Libre contra a crise” e pechará a xornada Manuel Velardo, responsable de proxectos e servizos do CENATIC, co relatorio “Software Libre para a PEME”.

A segunda xornada terá lugar pola tarde, de 17:00 a 19:30 e está destinada ao sector TIC para exporlles as oportunidades de negocio no SwL. Para isto exporán as súas experiencias profesionais 4 empresas TIC que xa inclúen o SwL entre as súas liñas de traballo. Os participantes nesta sesión son: Roberto Moreda, director de Allenta Consulting, Javier Vázquez, administrador de Igalia e presidente de AGASOL, Carlos Suárez, director-xerente de Edisa Galicia Información e Nicolás Osuna, responsable de marketing de Velneo.

É necesario facer unha inscrición previa na páxina do clube financeiro de Vigo. A data límite de inscrición é o día 18 de outubro.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal