Mancomún

Xornadas sobre plataformas web de Software Libre para organizacións da sociedade civil

Mércores, 28 Novembro 2007

A Área de E-learning do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) vai participar nas xornadas sobre “Plataformas web de Software Libre para organizacións da sociedade civil” que organiza a Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, a Aula TIC Pemes da Universidade de Santiago de Compostela e a Concellería de Servizos Xerais do Concello de Lugo.

Deste xeito, a Área de E-learning do Cesga impartirá o vindeiro venres 30 de novembro un taller sobre a utilización do sistema de xestión da aprendizaxe Dokeos.

Estas xornadas, dirixidas a organizacións da sociedade civil, teñen como obxectivo amosar ás organizacións das sociedade civil unha ampla variedade de plataformas web de código aberto de utilidade para:

  • A presenza na rede e difusión de actividades,

  • A xestión da aprendizaxe e do coñecemento,

  • A creación de secretarías virtuais e

  • A organización de e-comunidades sociais.

Estas xornadas vanse celebrar os días 29 e 30 de novembro así como o 1 de decembro no Campus de Lugo…

Para máis información dirixirse ao correo electrónico atpemes@usc.es ou ao teléfono 982285900 Ext. 24471 da Aula TIC Pemes da USC.

 

Fonte:
http://weblog.cesga.es

Evento engadido á Axenda de eventos de Mancomun.org.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal