Mancomún

Xornadas sobre Software Libre, Internet Seguro

Mércores, 17 Novembro 2010

A Asociación de Centros Homologados, da man do Grupo Academia Postal, organiza unhas Xornadas sobre Software Libre, Internet Seguro que comezan este venres 19 de novembro en Coruña e Ourense, e repetiranse o vindeiro fin de semana nas cidades de Lugo, Ferrol e Santiago.

Xornadas sobre software libre, internet seguro

Trátase de xornadas libre e gratuíta previa inscrición e confirmación chamando ao teléfono 988 366 268.

As xornadas divídense en dúas sesións, unha exposición teórica dos contidos e outra sesión obradoiro na que levar á práctica os contidos adquiridos na primeira sesión. Entregarase diploma de asistencia ao finalizar a xornada.

Xornada 1: Servidores Unix/linux

Xornada dirixida a persoal técnico interesado en adquirir coñecementos sobre a migración dos seus servidores a sistemas de código aberto. Esta xornada celebrarase nas seguintes cidades:

A CORUÑA

  • Venres 19 de novembro de 19:30 a 21:30 horas – Sesión teórica
  • Sábado 20 de novembro de 10:30 a 13:30 horas – Sesión práctica

A sesión teórica celebrarase no Hotel Trip Coruña, Ramón y Cajal , 53 e a sesión práctica nas instalacións de Academia Postal na Coruña.

SANTIAGO

  • Venres 26 de novembro de 19:30 a 21:30 horas – Sesión teórica
  • Sábado 27 de novembro de 10:30 a 13:30 horas – Sesión práctica

A sesión teórica celebrarase no Hotel Torres de Compostela, Restolla, 24 e a sesión práctica nas instalacións de Academia Postal en Santiago.

Xornada 2: Seguridade do Software Libre

Xornada dirixida a persoal técnico interesado en adquirir coñecementos sobre o mantemento de sistemas seguros con software libre ou de fontes abertas. Esta xornada celebrarase nas seguintes cidades:

OURENSE

  • Venres 19 de novembro de 19:30 a 21:30 horas – Sesión teórica
  • Sábado 20 de novembro de 10:30 a 13:30 horas – Sesión práctica

A sesión teórica celebrarase no Hotel Francisco II, Bedoya, 17 e a sesión práctica nas instalacións de Academia Postal.

LUGO

  • Venres 26 de novembro de 19:30 a 21:30 horas – Sesión teórica
  • Sábado 27 de novembro de 10:30 a 13:30 horas – Sesión práctica

A sesión teórica celebrarase no Gran Hotel de Lugo, Ramón Ferreiro, 21 e a sesión práctica nas instalacións de Academia Postal.

FERROL

  • Venres 26 de novembro de 19:30 a 21:30 horas – Sesión teórica
  • Sábado 2 de novembro de 10:30 a 13:30 horas – Sesión práctica

A sesión teórica celebrarase en Toxos e Froles, Magdalena, 220 e a sesión práctica nas instalacións de Academia Postal.

Estas xornadas contan co financiamento do Plan Avanza do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e dos fondos Feder.

Fonte: Asociación de Centros Homologados

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal