A OSL da UDC organiza para os vindeiros días 21 a 25 de novembro de 16:30 a 20:30 unhas Xornadas Técnicas de Software Libre dirixidas fundamentalmente ao alumnado da Facultade de Informática das distintas titulacións así como outras carreiras técnicas.
O obxectivo das xornadas é formar aos asistentes nunha serie de ferramentas libres moi presentes na actualidade, ofrecendo formación especializada de cada unha delas ao mesmo tempo que difundir o coñecemento e o uso do software libre. As ferramentas coas cales se traballará nestas xornadas serán Python, Django, Android, GStreamer, LXC, Erlang, Haskell, Asterisk e LaTeX.
As xornadas terán lugar na Aula Libre da UDC, sita no Edificio Servizos Centrais de Investigación Andar -3 Campus de Elviña
O programa completo das xornadas poden consultar en PDF.
- 21 de novembro de 2011: 16:30 a 18:30 Introdución a Python
- 21 de novembro de 2011: 18:30 a 20:30 Introdución a Django
- 22 de novembro de 2011: 16:30 a 18:30 Aplicacións con vídeo con GStreamer
- 22 de novembro de 2011: 18:30 a 20:30 Sistema Virtual. LXC.
- 23 de novembro de 2011: 16:30 a 18:30 Introdución a Erlang
- 23 de novembro de 2011: 18:30 a 20:30 Introdución a Haskell
- 24 de novembro de 2011: 16:30 a 18:30 Introdución a Android
- 24 de novembro de 2011: 18:30 a 20:30 Introdución a Asterisk orientada á VOIP mediante SIP
- 25 de novembro de 2011: 16:30 a 20:30 Introdución á edición de textos con LaTeX
Esta actividade é completamente gratuíta e os interesados só precisan inscribirse no formulario habilitado ao efecto.
Ofértanse 15 prazas que se cubrirán seguindo os seguintes criterios de prioridade:
- Alumnos do Grao de Informática, Primeiro Ciclo de Enxeñaría Informática, Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión e Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas.
- Resto de alumnado de carreiras técnicas.
- Profesorado de secundaria da rama tecnolóxica.
- Orde de recepción de solicitudes.
A lista de admitidos publicarase o venres 18 de Novembro. Os admitidos tamén serán notificados no email que faciliten durante a inscrición
