Mancomún

XreaL, un impresionante motor open source para xogos

Martes, 14 Abril 2009
XreaL é un proxecto baseado no veterano motor de xogos de Quake 3 pero reescrito case totalmente na linguaxe GLSL que é compatíbel tanto con OpenGL ES 2.0 como co novo OpenGL 3.0/3.1.

Segundo unha análise feita polos especialistas de Phoronix, o seu futuro é prometedor, xa que entre outras características é capaz de ofrecer manexar HDR (High Dynamic Range rendering) para aumentar o realismo da iluminación nas esceas. A súa potencia é similar á dos motores de Doom 3 ou Call of Duty 4.

Robert Beckebans, o principal responsábel do traballo, afirma que XreaL é actualmente o único motor baseado no de Quake cun motor de renderizado GLSL (GL Shading Language). E aínda que polo momento non existen xogos que, por exemplo, fagan uso da especificación OpenGL 3.0/3.1 en Linux, grazas a este motor open source será posíbel utilizalos sen problemas.

Segundo Beckebans, o motor é similar en potencia e prestacións ao de Doom 3, e xa hai implementadas características como un sistema de interacción da luz e outro para aplicar a técnica de shadow.

Imaxe de xreal

No proxecto utilizáronse ferramentas Open Source tratando de evitar ferramentas profesionais como Maya ou 3D Studio Max. E ademais están a traballar no desenvolvemento de ferramentas para Blender3D que permitan importar e exportar modelos de Unreal Tournament para crear personaxes e mundos 3D completos cun editor de niveis e mapas o máis completo e libre posíbel.

Fonte: Muy Computer

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal