O grupo Python Vigo reunirase o 16 de xullo ás 19:30, nesta ocasión en formato en liña.
Debido á evolución da situación actual a xente de Python Vigo pensa que a alternativa máis responsable é esta pero prometen manter informados con posibles novas reunións e actividades durante os próximos meses.

Programa de actividades
– Creando o teu propio simulador cuántico en 200 liñas por Ismael Faro
Aprenderemos da man dun vigués, que traballa en IBM Research en Nova York, como crear o noso propio simulador cuántico. Durante toda a charla poderedes realizar as preguntas que queirades e ao final da mesma comentarémolas.
O streaming será a través do canal de YouTube de Python Vigo.
Repositorio de materiais das charlas anteriores
Podedes acceder ao repositorio a través desta web.
Canles de comunicación co grupo
Lista de correo (única vía 100% oficial)
Twitter
Grupo de Telegram
Slack (canal #pythonvigo)
Obtener invitación
Acceso al grupo
Fonte orixinal do logotipo de python:
https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Python-logo-notext.svg#/media/File:Python-logo-notext.svg
Máis información na web oficial do evento
