Mancomún

Zentyal presentará a súa alternativa a Microsoft Active Directory e Exchange no Zentyal Summit 2013 en Zaragoza

Martes, 17 Setembro 2013

Banner do Zentyal Summit 2013O Zentyal Summit 2013, a reunión anual de Zentyal, celebrarase os días 3 e 4 de Outubro en Zaragoza reunindo a fabricantes e partners de todo o mundo para coñecer cales son as últimas novidades sobre Zentyal e o sector das solucións de software libre para pemes, cun enfoque especial a como reemprazar de forma nativa solucións baseadas en Microsoft Active Directory e Exchange.

Zentyal busca prover ás pemes de solucións de infraestrutura de rede profesionais, robustas e seguras, que sexan á vez fáciles de usar e alcanzables. O servidor Zentyal representa por fin, logo de máis de 25 anos de monopolio, unha alternativa real a solucións Windows Server Active Directory.

En palabras de Ignacio Correas, CEO, Zentyal Que está pasando e por que é tan importante? Temos que entender que non só estamos rompendo o monopolio e ofrecendo unha alternativa totalmente compatible, senón que ao ser unha alternativa de código aberto estase rompendo o monopolio para sempre. Isto permite tamén retomar o camiño da innovación”.

Segundo a nota de prensa sobre o encontro, este terá un marcado carácter internacional, reunirá a máis de 300 asistentes de todos os continentes. Congregará aos actuais e potenciais Partners Autorizados de Zentyal, así como a clientes, membros da comunidade, usuarios do servidor Zentyal e personalidades destacadas no ámbito do software libre.
Así, por exemplo, entre os poñentes convidados están Dan Shearer, co-fundador do proxecto Samba; Malcolm Bain, socio ilustre da Free Software Foundation Europe e Manuel Velardo, director do CENATIC. A eles uniranse tamén representantes de fabricantes de software de código aberto referentes a nivel mundial como Andrew Cooper, responsable mundial de canle de Canonical, a compañía detrás do sistema operativo Ubuntu e Luís Almeida, Director Rexional de PaloSanto Solutions, desarrollador de Elastix, o servidor de comunicacións unificadas de código aberto máis popular do mundo.

Baixo o lema, ‘Keep calm and go hybrid’, Zentyal fai unha chiscadela á actual preocupación da canle TIC ante a aposta dos principais fabricantes por substituír a infraestrutura de servidor local completamente pola nube. A diferenza destes fabricantes, Zentyal ofrece unha substitución nativa a Microsoft Active Directory e aposta por unha solución híbrida, que permite ás pemes manter a súa infraestrutura TIC local e adoptar solucións de nube segundo as súas necesidades.

O programa preliminar, que se atopa xa publicado na web de Zentyal, inclúe unha serie de presentacións e obradoiros comerciais e técnicos, co obxectivo de axudar a comprender a oferta comercial de Zentyal, como os provedores TIC poden construír a súa propia oferta de servizos baseados en Zentyal e como Zentyal apoia aos seus partners autorizados para facer crecer os seus negocios.

En canto aos obradoiros técnicos, estes virarán ao redor da nova versión 3.2 do Servidor Linux para Pemes Zentyal, Zentyal Cloud, así como a nova estratexia de publicación de Zentyal, ofrecendo unha visión xeral tanto das características técnicas e novas funcionalidades, como dos aspectos comerciais. Por outra banda, durante as charlas “Zentyal: Substitución de Exchange” Os asistentes terán a oportunidade de ver o primeiro technology preview oficial da substitución nativa a Microsoft Exchange que Zentyal ofrecerá en 2013. O conxunto destes produtos e servizos permite ás pemes actualizar a súa infraestrutura TIC a unha máis profesional, fácil de usar e asequible, sen custos de migración ou molestias para os usuarios.

Zentyal Summit 2013 está organizado en colaboración co Concello de Zaragoza e o Goberno de Aragón e conta co patrocinio de PaloSanto Solutions e GlobbTV. O rexistro no evento está aberto ata o día 25 de setembro. O evento será retransmitido en tempo real.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal