Mancomún

Nova convocatoria do GRUVI para entrega de equipos reciclados a entidades sociais sen ánimo de lucr

Nova convocatoria do GRUVI para entrega de equipos reciclados a entidades sociais sen ánimo de lucr
http://www.mancomun.org/images/stories/galpon_animales_small.png Visto na páxina de GALPon:
GRUVI dispón nestes momentos de case 30 PC listos para ser entregados ás entidades que cumpran os requisitos habituais nas convocatorias.

Desta vez a novidade e que non se fai unha configuración de software única a partir de Guadalinex Mini, senón que en función das necesidades dos demandantes, ademais de axustar as características dos equipos, axústase o software instalado.

Como particularidade, nestes momentos hai unha serie de equipos que só son validos para “mergulladores na rede” e pouco máis, pouco procesador, pouco disco ríxido, aínda que con 64 MB de RAM, a mágoa e que esta RAM é EDO, polo que o seu rendemento pode enganar se pensamos noutros usos…”

“Dispoñemos tamén se escáneres e impresoras láser, que se adxudicarán en función das necesidades de cada proxecto.

A información da convocatoria, na páxina oficial:
http://webs.uvigo.es/gruvi

Como sempre, o Software instalado será Libre, nomeadamente GNU/Linux segundo as especificacións de GALPon que é o responsable deste eido.”

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal