O pasado 19 de abril, a Deputación e a Asociación de Jóvenes Empresarios de Ciudad Real, presentaron a distribución “
DijexCR, GNU/linux para la pyme”.
O proxecto, promovido dende a Deputación xunto coa Asociación de Jóvenes Empresarios, quere facilitar aos novos empresarios o inicio da súa actividade. …
Con esta iniciativa queren axudar a difundir o uso do Software Libre en tódolos sectores sociais, aínda que centrándose principalmente nos empresarios, tanto polos posibles aforros nos custes como polas posibilidades de negocio que se abren con el.
Esta distribución estará a disposición dos xóves ou novos empresarios de xeito gratuito e co soporte técnico necesario para o seu uso durante un ano. Por suposto, con actualizacións permanentes a custe cero.
A distribución de momento está dispoñible para a súa descarga dende a
web e o vindeiro día 8 de maio comezará a ser repartida entre os empresarios de Ciudad Real que o soliciten.
Fonte: Castilla – La Mancha Innovación