O Vicerreitorado de Calidade e Harmonización Europea convoca un contrato de traballo de persoal de asesoramento lingüistico para o desenvolvemento do convenio de colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria (en adiante CII) e a Universidade da Coruña (en adiante UDC) para a dinamización e coordinación dos proxectos de localización e creación de software en galego baixo a supervisión da Oficina de Sóftware Libre da UDC.
O obxecto desta convocatoria e a contratación laboral dunha persoa que, baixo a supervisión da Oficina de Sóftware Libre da UDC, farase cargo das tarefas de asesoramento lingüistico da forxa (espazo web) de sóftware integrada en mancomun.org, e para a dinamización dos proxectos de localización ou creación de software, manuais e documentación en galego…
Esta oferta de emprego tamén foi enviada a lista de “Ofertas de traballo relacionadas co Software Libre” que publicamos hoxe mesmo.
Pode ver a oferta completa nas bases da convocatoria na seguinte ligazón:
Bases da convocatoria da oferta de contrato laboral de persoal de asesoramento lingüístico na oficina de Software Libre da UDC para o desenvolvemento da Forxa de mancomun.org