Acaba de saír a nova versión 1.4.8 de Amarok. Esta versión arranxa unha boa cantidade de bugs e desta forma, contribúe a mellorar a estabilidade do programa. Unha vez lanzada esta versión, os desenvolvedores de Amarok volverán a centrarse no traballo en Amarok 2 xa que leva atraso coas previsións iniciais que dicían que debería estar dispoñible uns días antes de que saia KDE 4.0, para o cal quedan só unhas 3 semanas.
Actualmente o “roadmap ” de versións de Amarok xa reflexa a posibilidade de que non estea dispoñible para esa data…
Da lista de cambios da nova versión destacamos:
- O soporte mellorado para iPhone e iPod
- Diversas optimizacións e melloras de rendemento
- Mellor soporte de Last.fm
- …
Máis información:
http://amarok.kde.org/en/fastforward_148
