Mancomún

Nova versión de Musix GNU/Linux 0.50

O proxecto Musix acaba de liberar a súa versión 0.50, cuxos programas foron testeados por máis de 1 mes, tempo que permitiu resolver problemas sobre a anterior versión.
Musix é un proxecto que posúe o apoio do proxecto Ututo, FSF, Ourproject e de numerosos colaboradores.

O proxecto Musix brindou varias charlas en distintas institucións durante 2005 e 2006, afirmando o compromiso coa difusión do software libre entre músicos, sonidistas e usuarios en xeral.

Programas/paquetes importantes actualizados/instalados:

  • Knoppix-installer foi actualizado (tomando partes de *Knoppix 5.0.1):
  • Rosegarden4 1.2.3 agora debería funcionar ben: gravar audio sen realizar un crash.
  • linux-image-2.6.16-1-multimedia-486
  • Instalado gparted por estar máis actualizado que qtparted.
  • Agregado soporte para escritorio en idioma alemán e portugués
  • Terminatorx 3.82
  • Traverso 0.30 instalado
  • Paquete con firmware GPL para dispositivos MIDISport/Midiman USB 1×1, 2×2, 4×4, 8×8 e USB-2-MIDI (Steinberg) https://www.musix.org.ar/wiki/index.php/EZ-USB
  • Instalado grubconf
  • Icecast2 (streaming… programa para montar radios por Internet)

A última versión pode ser descargada desde: http://www.musix.org.ar

Fonte: mastermagazine.info 

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal