OpenSwing é un framework para o desenvolvemento de aplicacións Java Swing, tanto para aquelas que non se comunican cunha base de datos como para aquelas aplicacións de dúas ou tres capas cuxo frontal (front end) é unha aplicación de escritorio.
O framework inclúe un conxunto de compoñentes gráficos implementados en Swing orientados á visualización de datos entre os cales hai compoñentes para mostrar cantidades de diñeiro, grids, un compoñente híbrido entre unha árbore e un grid, calendarios, diagramas de Gantt e un longo etcétera (ver demo).
Pantallazo dunha aplicación empregando OpenSwing
OpenSwing tamén conta cunha biblioteca para o desenvolvemento da capa de acceso a datos e (para as aplicacións de tres capas) a lóxica de negocio, así como unha biblioteca que se encarga de simplificar a comunicación co servidor. Tamén conta con compoñentes para visualizar documentos PDF e Excel.
O framework distribúese baixo licenza LGPL e conta con abundante documentación entre a cal inclúense varias aplicacións de demostración.
Fonte: Java Hispano
