Hoxe, Oscar Hermida vén de facer pública a nova versión da aplicación Traducíndote así como a nova web traducindote.com
Como xa temos comentado dende aquí, Traducíndote permite a tradución de documentos de texto aos diferentes idiomas do estado ademais de ao inglés e ao portugués baseándose na traductor automático Apertium.
A nova versión engade a posibilidade de traducir documentos que estean creados no formato pechado .doc de Microsoft.
- OpenOffice: documentos creados no procesador de textos Writer, presentacións de Impress, follas de cálculo Calc e documentos xenerados con Draw e Math
- Microsoft Office: procesador de textos Word.
- Abiword: procesador de textos libre.
- LaTex: potente procesador de textos libre para composicións tipográficas mediante comandos TeX.
- MySql: sistema xestor de base de datos. Traducíndote admite as copias de seguridade das bases de datos, traducindo o contido das táboas.
A aplicación modifica o idioma do documento mantendo o seu formato (táboas e imaxes incluídas) e conta con licenza GPL.
Fonte: Oscar Hermida
