Urban Terror é un mod para [[Quake 3]] que permite meterse na pel dun marine ou dun terrorista, ambos cun completo arsenal de novas e realistas armas. Este mod cambia todo o xogo por completo, non soamente introduce armas, se non que tamén engade novos skins, novos mapas, voces, etc…
A última versión é a 4.1 de Urban Terror e pode ser xogada en GNU/Linux, Mac OS e Windows. Agora pódese utilizar o cliente ioUrbanTerror, baseado no proxecto [[GPL]] ioquake3, co que non é necesario dispoñer dunha copia do Quake 3.
A lista de novidades nesta versión é a seguinte:
- Sistema de baneo por IP.
- Protección contra nomes duplicados, agora dous xogadores non poden ter o mesmo nome, aínda que para iso, agora non pode haber espazos no nome.
- Elimináronse os skins brancos.
- Actualizáronse os mapas e engadíronse algúns novos.
- Actualizada a interface de usuario e as opcións por defecto.
- Non se poden realizar votacións nos primeiros 60 segundos de cada mapa.
- Realizáronse diversos axustes na xogabilidade
- Corrixíronse varios erros.
É necesario descargar o xogo completo desde a páxina oficial, non hai parches de actualización e requírese desinstalar as versións previas para un correcto funcionamento.
Descarga: Urban Terror
