Mancomún

Nova versión do media center Elisa

Fluendo, empresa ubicada en Barcelona, vén de lanzar a versión 0.3.3 do Media Center Elisa. Trátase dunha solución libre multiplataforma deseñada con especial atención á xente non habituada ao manexo do computador.

Algunha das súas características son:

  • Mostra das imaxes con previsualización ou presentacións de diapositivas.
  • Visualización de videos tanto online como locais.
  • Xestión de coleccións de música ordenadas por artista ou polas portadas dos álbums.
  • Atopa automaticamente ficheiros multimedia na rede ou en dispositivos remotos, en iTunes, Windows Mediaplayer, Rhythmbox, etc.
  • Recoñece automaticamente IPods, cámaras, dispositivos USB, etc

Nesta versión o equipo de desenvolvemento traballou arreo para remodelar completamente a interface tratando de mellorar a usabilidade mantendo ao tempo un aspecto simple e coa sofisticación das grandes aplicacións.

Ao largo de 3 meses o equipo reparou máis de 60 erros e incorporou funcionalidades como:

  • Reprodución dende sitios DAAP como iTunes, Rhythmbox, etc
  • Complemento para reprodución dende YouTube
  • Arranque máis rápido e xestión de memoria máis eficiente
  • Mellor detección dos ficheiros multimedia grazas a GStreamer

Fonte: Web de Elisa

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal