Acaba de saír á luz a nova versión do reprodutor multimedia VLC. VLC é multiplataforma (GNU/Linux, Mac, Windows) e reproduce case calquera formato de ficheiro multimedia sen necesidade de descargar códecs de ningún tipo.
Esta versión foi desenvolvida en base aos comentarios da xente que descargou a anterior versión (a versión anterior foi a 0.8.5 e tivo ao redor dun total de 29 millóns de descargas)…
Con esta nova versión, a 0.8.6, os desenvolvedores do proxecto quixeron ofrecer aos usuarios moitas correcións de erros, así como novas características, tales como:
- Soporte para Windows Media Video 9 e VC-1
- Soporte para VP5/VP6 e vídeo Flash
- Soporte para TTA e WavPack Lossless audio
- Mellorado o soporte H.264
- Soporte preliminar para DVR-ms, MXF
- Soporte para Shoutcast TV
- Soporte para o Apple Remote
- Controlador para Apple Fullscreen
A wiki do proxecto é: http://wiki.videolan.org e nela tamén atopamos información relativa a outros produtos desenvolvidos, como o VLS, un servidor de streaming profesional que comparte moitas características co VLC.
