A S.A.X. CESGA convoca unha praza de técnico de comunicación para o proxecto Mancomun.org. Os requirimentos da praza pódense consultar na oferta completa na seguinte ligazón: Oferta completa (pdf).
As actividades a desenvolver dentro do posto, serán, entre outras:
- Difusión dos contidos e resultados das actividades desenvolvidas por Mancomun.org
- Elaboración de documentación para a difusión das actividades de mancomun.org.
- Organización de eventos (seminarios, congresos, feiras, etc.)
- …
- Instalación e configuración de contornos web baseados en Software Libre que se axusten aos requirimentos dos proxectos.
- Mantemento dos servidores e servizos relacionados.
- Programación de módulos adicionais que sexan necesarios.
- Soporte técnico aos usuarios.
- Comunicación co resto dos socios europeos dos proxectos.
- Presentación de resultados en conferencias ou congresos nacionais e internacionais.
- …
Os candidatos deberán enviar C.V., indicando a referencia correspondente á oferta de emprego na que estean interesados, antes das 14:00 horas do 27-02-2008:
- Correo electrónico: emprego@cesga.es
- Avenida de Vigo, s/n (Campus Sur) 15705 Santiago de Compostela
Estas dúas ofertas foron enviadas á lista de ofertas de emprego de Software Libre de Mancomun.org.
Fonte:
Páxina web do CESGA
