A Fundación Mozilla vén de publicar actualizacións das súas dúas aplicacións de calendario: Sunbird e Lightning.
O Sunbird é unha aplicación independente de calendario de Mozilla e que cumpre sobradamente as funcións de axenda, lista de tarefas e calendario con alarmas. Tamén existe o Lightning, que é un complemento coas mesmas funcións e que se integra perfectamente co xestor de correo Thunderbird.
Con estas dúas actualizacións, ambas aplicacións alcanzan o número de versión 0.7.
Desde Mancomun.org e coa colaboración do grupo de tradución ao galego dos produtos Mozilla (http://galician.mozdev.org) temos dispoñible a tradución ao galego do Sunbird para a versión 0.5. En breve, esperamos ter dispoñible a actualización á versión 0.7 de Sunbird así como o Lightning…
As páxinas de descarga:
Sunbird 0.7:
http://www.mozilla.org/projects/calendar/sunbird/index.html
Lightning 0.7:
http://www.mozilla.org/projects/calendar/lightning/download.html
