O coñecido xogo de estratexia de software libre 0 A.D., liberou nova versión alpha 25 co nome en clave Yaunā. 0 A.D. é un xogo de estratexia en tempo real multixogador, dispoñible para Windows, Mac OS e Gnu/Linux.
Novidades: incorpóranse campañas para un xogador, melloras de rendemento, IA mellorada, novos biomas que incorporan mellores texturas, melloras na GUI, opcións de gráficos ampliadas e equilibrio entre as civilizacións en curso, entre outras.
