Mancomún

9ª Edición de Python, kata e almorzo

Martes, 28 Marzo 2023
9ª Edición de Python, kata e almorzo

Este sábado, 1 de abril ás 11:00, volve outra edición de “Python, kata e almorzo” organizado no local da Industriosa en Vigo.

Evento informal, aberto a calquera persoa que se anime a participar e compartir unha hora de Python, café e/ou té. Inspirados nos katayunos, dojos e actividades similares, reunímonos en grupos de 2/3 persoas para resolver un reto de programación, compartir e mellorar as nosas habilidades de Python.

Cartel de Python, kata e almorzo

Durante 90 minutos intentaremos resolver o reto, desenvolvéndoo iterativamente e co obxectivo de aprender novos enfoques do problema. Usaremos recursos como https://leetcode.com ou https://www.hackerrank.com/.

Podes revisar edicións anteriores en https://github.com/aindustriosa/python-kata-e-almorzo

Só é necesario que veñas co desexo de compartir e aprender. Non é esencial traer un portátil e tampouco e imprescindible instalar Python xa que traballaremos en recursos online. Organizado por A Industriosa e coa colaboración de Python Vigo. Evento patrocinado por Xunta de Galicia e Amtega Axencia para a Modernización Tecnolóxica.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal