O 27 de setembro terá lugar, de 16:00 a 20:00 horas no Centro GaiásTech, a xornada “A aventura que me espera: descubrindo a ciencia e a tecnoloxía”, dirixido a rapaces entre 14 e 17 anos.

Esta xornada ten como obxectivo dar a coñecer diferentes roles laborais onde se combinan a ciencia e a tecnoloxía. Participarán dez mulleres que traballan en diversos campos, incluíndo o académico, administrativo e empresarial.
O propósito é mostrar as posibilidades que se presentan despois de obter unha titulación universitaria, destacando que a formación recibida prepara para desafíos que poden non estar directamente relacionados cos contidos estudados.
A actividade desenvólvese a través dun diálogo entre estas mulleres e a rapazada, pais e nais asistentes do evento, permitindo que se expoñan preguntas e se poida conectar cos temas discutidos.
Programa
16:00 – Recepción
16:30 – Presentación da xornada e do programa de mentorización
Presidenta de AMIT-Gal, representante de AMTEGA
17:00-17:40
Ciencia e empresa – Sons submariños – Mediciña personalizada – Aprendizaxe e tecnoloxía – Láser na conservación do patrimonio
17:40-18:10
Saídas da enxeñeiría naval – Emprendemento con base científica – Antropoloxía e tecnoloxía – Vocacións STEM
19:30-20:00 – Peche da xornada
Relatoras

 
					 
		 
			
 
			 
				