Mancomún

A FOSDEM deste ano será 100% en liña

Luns, 1 Febreiro 2021
A FOSDEM deste ano será 100% en liña
  • Este ano o encontro europeo máis grande arredor do software libre terá lugar exclusivamente en liña.
  • A FOSDEM será en liña os días 6 e 7 de febreiro

Tradicionalmente a FOSDEM vense celebrando na cidade de Bruxelas na primeira fin de semana de febreiro, un evento que reúne a máis de 8000 desenvolvedores e usuarios de software libre e que este ano debido á situación sanitaria derivada da pandemia de COVID-19 será exclusivamente en liña.

Nos anos anteriores moitas das salas nas que se celebraban as charlas e relatorios tamén emitían en streaming para que calquera persoa puider ver a conferencia independentemente de onde estivera. Pois nesta ocasión todas as charlas van ter o formato en liña, ademais do vídeo propio da charla tamén haberá salas de chat en diversas plataformas como Matrix, IRC e XMPP onde todas as asistentes poderá formular preguntas e dúbidas aos oradores.

Ademais das conferencias, tamén se poderán visitar virtualmente os postos dos distintos proxectos que tradicionalmente tamén había na FOSDEM, cada un dos postos terá polo menos un espazo web e unha sala de chat, polo que todas as persoas que queiran máis información sobre un dos proxectos que se expoñan da FOSDEM poderán formular preguntas e debater coas persoas que conforman o proxecto.

Outra das características da FOSDEM eran as actividades externas á mesma que tiñan lugar tanto en Bruxelas coma nos arredores, coñecido como Fringe. Este ano, tamén se pode ver a información sobre estes eventos, que serán en liña, na páxina web da propia FOSDEM.

Como cada ano, na FOSDEM haberá unha morea de conferencias simultáneas, algúns dos relatorios están categorizados coma charlas principais ou “Main tracks” mentres que hai outras actividades que forman parte das salas de desenvolvedores, coñecidas como “developer rooms” nas que as actividades poden ser charlas, sesións de traballo, debates abertos… Nesta edición, os asuntos principais máis destacados son:

O programa completo de toda a conferencia pode verse na páxina web do evento.

Máis información sobre como será esta edición da FOSDEM así como outras cuestións prácticas nesta ligazón.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal