Mancomún

A Lei de Ciberresiliencia: consencuencias para as empresas galegas

Luns, 10 Marzo 2025
A Lei de Ciberresiliencia: consencuencias para as empresas galegas

O 27 de marzo, en horario de 09:10 a 12:30, terá lugar o evento “A Lei de Ciberresiliencia: consecuencias para as empresas galegas” no Centro GaiásTech. Tamén será retransmitido por streaming.

A lei de ciberresilencia
consecuencias para as empresas galegas

A Lei de Ciberresiliencia (CRA) mellora as normas de ciberseguridade dos produtos que conteñen un compoñente dixital, esixindo a fabricantes e minoristas que garantan a ciberseguridade durante todo o ciclo de vida dos seus produtos, de cara a protexer a particulares e empresas que os merquen e utilicen. Así, trata de determinar que produtos son ciberseguros e como configuralos de forma segura.

Isto, por tanto, ten consecuencias para todas aquelas empresas e persoas desenvolvedoras de software e hardware.

Cales son? Que repercusións ten non aplicar esta Lei? A quen acudir en caso de dúbidas?

Programa

9:10-9:45 Acreditación

9:45-10:00 Benvida institucional

10:00-10:45 Que é a Lei de Ciberresiliencia

Relatora: Marelisa Blanco, de AKME, avogada especialista en propiedade intelectual

10:45-11:15 Pausa café

11:15-12:30 Perspectivas da Lei de Ciberresiliencia e consecuencias para as empresas

Eido empresarial: Xavier Castaño, Igalia

Eido legal: Malcolm Bain, Across Legal

Eido tecnolóxico e comunitario: David Marzal, KDE España e GNU/Linux Valencia

12:30 Peche

Presentación e dinamización da xornada por parte de Marcus Fernández, Webmaster da revista de tecnoloxía en galego Código Cero.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal