Tras o éxito do libro ilustrado “Ada & Zangemann – A Tale of Software, Skateboards, and Raspberry Ice Cream“, a historia está agora dispoñible como película de animación.

Publicada como Recurso Educativo Aberto baixo unha licenza Creative Commons By Share-Alike, conta a historia do famoso inventor Zangemann e da nena Ada, unha curiosa enxeñeira. Ada comeza a experimentar con hardware e software, e no proceso decátase de canto é importante para ela e para outras persoas poder controlar a tecnoloxía.
Esta fascinante historia, de Matthias Kirschner e Sandra Brandstätter, anima ós nenos e, especialmente, ás nenas a experimentar con hardware e software, alentándoos a crear a súa propia tecnoloxía.
A película está dispoñible actualmente en inglés. Nos próximos meses engadiranse máis idiomas.
Máis información:
https://fsfe.org/activities/ada-zangemann//movie
