Mancomún

Acto de presentación da PyConES

Xoves, 26 Setembro 2024
Acto de presentación da PyConES

Hoxe pola tarde celébrase o acto de apertura da PyConES, a conferencia máis grande da comunidade Python en España.

Este acto de apertura contará coa presenza de profesionais do sector TIC que traballan en empresas como Google, Red Hat e tamén empresas locais. Dará comezo ás 19:30 no Edificio Redeiras da Universidade de Vigo coa seguinte axenda:

  • 19:30h Presentación da PyConES 2024
    • Que é? Quen organiza? Por que Vigo? Charlas e obradoiros desta edición
  • 20:00h Mesa redonda
    • Persoas traballadoras locais e referentes do sector conversará sobre o estado actual das linguaxes de programación, IA e a comunidade tecnolóxica.
  • 20:45h Peche

PyConES

A conferencia máis grande da comunidade Python en España, terá lugar en Vigo do 4 ao 6 de outubro no Auditorio Mar de Vigo, organizada exclusivamente por persoas voluntarias e atraendo a máis de 800 persoas do mundo do software de toda España. Intelixencia Artificial, Big Data, desenvolvemento de videoxogos ou desenvolvemento web serán, entre moitas outras, as temáticas durante a conferencia. Contará durante os 3 días de evento con máis de 20 empresas patrocinadoras, moitas de elas tratando de atopar talento.

Máis información na páxina web do evento.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal