Mancomún

Actualización da máquina virtual para sinatura dixital

Xoves, 22 Agosto 2024
Actualización da máquina virtual para sinatura dixital

Co fin de mellorar a interoperabilidade cos servizos da eAdministración, a Oficina de coordinación de software libre da Amtega pon a disposición da cidadanía unha máquina virtual actualizada (baseadas en GNU/Linux) que permite a realización de trámites con sinatura dixital empregando ferramentas de software libre.

logos de debian, ubuntu, autofirma

Esta máquina virtual, conta como compoñente principal coa aplicación para a sinatura de documentos Autofirma. Trátase dunha aplicación de software libre que está dispoñible para GNU/Linux, MacOS X e Windows. A configuración foi testada nos diferentes servizos da administración electrónica da Xunta de Galicia.

Máquina virtual dispoñible

A máquina virtual xa configurada está dispoñibles para a súa descarga:

Máquina virtual

Instruccións para o uso da máquina

captura de pantalla das preferencias en Firefox

Neste artigo do portal de Mancomún, atoparedes as instrucións necesarias (acompañadas de capturas de pantalla) para a instalación e uso da máquina virtual, instrucións para a importación do certificado dixital, así como posibles solucións a problemas no proceso.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal