A Comunidade KDE anunciou que a Akademy 2021 celebrarase en liña en xuño. As charlas realizaranse o sábado 19 e o domingo 20, deixando o resto de días para o traballo en pequenos grupos.
Akademy é o evento da Comunidade KDE que reúne nunha gran conferencia todo tipo de simpatizantes de KDE como desenvolvedores, deseñadores, usuarios, tradutores e promotores.
