Mancomún

Akademy-es 2025

Mércores, 5 Marzo 2025
Akademy-es 2025

A asociación KDE España anuncia a celebración de Akademy-es 2025 en Málaga, dentro do evento sobre tecnoloxía e cultura libre OpenSouthCode, os días 20 e 21 de xuño, en La Térmica, o centro de referencia nacional e internacional da cultura en Málaga.

logo de kde

📢 Presenta a túa charla ou actividade

Con esta será a segunda ocasión na que os simpatizantes do proxecto KDE organicemos o noso encontro estatal conxuntamente con OpenSouthCode, tras Akademy-es 2023.

Akademy-es: o encontro anual de colaboradores e usuarios de KDE en España

Desde KDE España, alegrámonos de traballar xunto cos organizadores de OpenSouthCode.

Estamos seguros de que gozaremos duns días fantásticos de conferencias, presentacións, obradoiros, conversas, intercambio de ideas e de cultura libre en xeral.

Durante o evento, como é costume, realizaranse charlas tanto para usuarios como para desenvolvedores, ademais de obradoiros prácticos e outras actividades de carácter máis social coas que se pretende acadar os seguintes obxectivos:

✅ Poñer en contacto a desenvolvedores de KDE de toda España, para que poidan falar dos proxectos nos que están a traballar, compartir código, experiencias e coñecemento.
✅ Dar a coñecer os proxectos KDE, como o contorno de escritorio, a novos usuarios.
✅ Divulgar sobre as tecnoloxías KDE, tanto para novos desenvolvedores como para usuarios que queiran coñecer mellor KDE.

E por suposto, o obxectivo principal é que todos gocemos aprendendo máis sobre Software Libre e KDE.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal