Mancomún

Almorzo con Nextcloud Hub, fomenta a colaboración na túa empresa

Venres, 15 Novembro 2024
Almorzo con Nextcloud Hub, fomenta a colaboración na túa empresa

O próximo martes 19 de novembro, ás 10.00 horas, terá lugar este evento no Centro MANS de A Coruña.

Desayuno con Nextcloud Hub
logos de RCA Systems e Nextcloud

Nextcloud Hub é a plataforma de colaboración open source líder en Europa.

Nesta charla, acompañada dun almorzo, explicarémosche por que miles de PEMES, autónomos e outras entidades a elixiron para almacenar de maneira segura os seus datos e mellorar a súa produtividade e colaboración.

Nextcloud hub

Ademais, faremos unha demostración do produto e contarémosche como podemos axudarche coa súa implantación na túa empresa.

Os participantes poderán acceder a un contorno de proba exclusivo de Nextcloud Hub de maneira totalmente gratuíta durante dous meses.

Participación gratuíta con inscrición previa (aforo limitado) nesta ligazón.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal