Apeiría é unha iniciativa da Xunta de Galicia que ten por obxectivo ofrecer ás empresas galegas a posibilidade de analizar e probar solucións empresariais de software libre como servizo na nube.

A vantaxe do uso deste servizo para as empresas é que non precisan dispoñer dunha estrutura propia nin inverter tempo no proceso de instalación e configuración da ferramenta. Este servizo pon a disposición unha instancia xa configurada nun espazo seguro da infraestrutura na nube da Xunta de Galicia.
Aplicacións dispoñibles
Todas as aplicacións dispoñíbeis son Software Libre e teñen a opción de ser aloxadas en servidores propios self hosted. No caso de quixer probar unha aplicación que non estea na lista pode facer unha suxestión para que se valore a súa incorporación.
Psono

Xunto a Bitwarden e Passbolt, Psono é unha das mellores aplicacións para xestión de contrasinais e outros secretos. Psono dispón dunha aplicación móbil e unha extensión para o navegador que facilitan o traballo.
Nextcloud

Nextcloud é unha plataforma de colaboración. A través das súas extensións permite compartir ficheiros, editar documentos, vídeo e chat, correo-e e calendarios ou outras coma xestión de proxectos.
FacturaScripts

FacturaScripts é un software de contabilidade e facturación para xestionar o día a día da empresa.
Prestashop

PrestaShop é unha aplicación para a construcción de e-commerce. Conta con máis de 5.000 plugins para satisfacer as necesidades de calquera plataforma de este tipo.
Rocket.Chat

Rocket.Chat é unha plataforma de comunicacións. A súa funcionalidade principal é a de ferramenta de chat, pero as súas integracións con moitas otras aplicacións dotana de moita flexibilidade.
Taiga

Taiga é unha ferramenta de xestión de proxectos centrada en metodoloxías Agile.
Solicitude de uso
Este servizo está xestionado pola Oficina de Software Libre (AMTEGA). Para solicitar unha instancia de proba de calquera das aplicacións dispoñíbeis é preciso cubrir o seguinte formulario e envialo por correo electrónico a: software.libre@xunta.gal
Descarga formulario de solicitude
Unha vez revisada a solicitude enviaránselle os datos de acceso e indicaráselle a duración do período de proba (habitualmente 30 días).
 
					 
		 
			
 
			 
				