Mancomún

Appointment de Thunderbird, programación de reunións

Venres, 4 Outubro 2024
Appointment de Thunderbird, programación de reunións

Un novo proxecto de Thunderbird foi presentado: Appointment.

logo de thunderbird appointment

Appointment fai que sexa sinxelo programar reunións con calquera persoa, desde amigos e familiares ata colegas e descoñecidos. Esquécete dos fíos infinitos de correos electrónicos intentando atopar un momento axeitado para reunirte entre diferentes zonas horarias e organizacións.

Con Appointment, podes compartir facilmente a túa dispoñibilidade personalizada e permitir que outros reserven un tempo na túa axenda. É simple e directo, sen complicacións.

calendario con citas programadas

Planifica menos, fai máis: Appointment de Thunderbird

Se xa probaches ferramentas similares, Appointment resultarache familiar, aínda que capturando o que fai único a Thunderbird: é software libre e baséase nos valores fundamentais de privacidade, apertura e transparencia.

Appointment formará parte dunha suite máis ampla de produtos útiles que melloren a experiencia central de Thunderbird.

Appointment lanzarase en diferentes fases, mellorándoo continuamente a medida que abren o acceso a máis persoas. Actualmente está en beta pechada, polo que podes apuntarte á lista de espera.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal