Ardour é unha aplicación DAW de edición e gravación de son multipista e MIDI. É de software libre, multiplataforma (GNU/Linux, OS X, FreeBSD e Windows). Chega con novas funcións, así como cambios internos.


Novidades: Clip Launching, permite experimentar con combinacións de varios bucles e mostras dunha toma, con todo o son ampliado no tempo para axustarse ao mapa de tempo da sesión, e axustado ao ritmo.
O apartado de Cues vén precargado con máis de 8000 acordes MIDI, máis de 5000 progresións de acordes MIDI e máis de 4800 ritmos de batería MIDI. Push 2 de Ableton pódese usar como controlador dos sinais. Ardour agora ten 3 modos de edición en onda e conta con moitos cambios na edición de MIDI, entre outras.
