O 4 de novembro arrincou a segunda edición dos cursos titorizados en formato en liña sobre InnerSource. A cargo de Daniel Izquierdo, actual presidente da InnerSource Commons Foundation, veranse os aspectos clave a ter en conta á hora de implantar os conceptos de Inner Source na nosa empresa ou organización.
Ao longo dos cursos, ademais dos materiais que xa tedes en liña, podedes acceder aos cafés virtuais que iremos organizando ao longo das semanas. Serán sesións de 30 minutos onde poderemos falar sobre contidos específicos do curso, dúbidas ou mesmo debater sobre situacións particulares de cada un á hora de aplicar InnerSource.
Nota: Non é necesario estar realizando os cursos para poder asistir aos cafés virtuais, son de acceso aberto a todos os interesados.

Horarios dos próximos cafés virtuais
– Martes 19 de novembro de 11.00 h a 11.30 h.
– Mércores 27 de novembro de 13.00 h a 13.30 h.
– Martes 3 de decembro de 11.00 h a 11.30 h.
– Xoves 5 de decembro de 11.00 h a 11:30 h.
Podedes conectarvos usando a seguinte ligazón de Google Meet:
https://meet.google.com/iom-zwzc-aqd
Edicións titorizadas dos cursos
Estes cursos en liña disporán ademais de titorías, cunha duración de 6 semanas cada curso:
– Segunda edición – do 4 de novembro ao 16 de decembro
Nota: poderán facerse os dous cursos en paralelo, xa que non teñen unha carga elevada de traballo, pero se queres aproveitar as dúas edicións e facer cada curso en edicións separadas, a recomendación é facer primeiro o de Xestión de Proxectos InnerSource porque ten un enfoque máis introdutorio.
Na información do curso en liña, teredes máis información sobre as titorías. A inscrición ás edicións titorizadas faise directamente nos cursos que están xa abertos.
 
					 
		 
			
 
			 
				