Mancomún

Call for papers da XI Xornada Usuarios de R en Galicia

Venres, 13 Setembro 2024
Call for papers da XI Xornada Usuarios de R en Galicia

Un ano máis ponse en marcha a Xornada de Usuarios de R en Galicia que terá lugar o 24 de outubro en Santiago de Compostela. Se estás a traballar en proxectos que empregan R, e queres presentar a túa experiencia na xornada, envía a túa proposta de relatorio ou obradoiro antes do 30 de setembro de 2024 empregando os modelos dispoñibles no formulario que podes atopar na seguinte ligazón:
https://www.r-users.gal/pagina/call-papers

logo da XI Xornada Usuarios de R en Galicia

Todos os relatorios seleccionados aparecerán no libro de actas da xornada.

A información sobre o programa vaise actualizar na web da xornada a medida que se vaian confirmando. Lembra que podes acceder ás presentacións e vídeos dos relatorios de anos anteriores dende o menú «Programa» e así facerte unha idea dos contidos amosados.

logos dos colaboradores

Ao igual que en anos anteriores, contamos co apoio da Facultade de Matemáticas da USC e o patrocinio da Xunta de Galicia a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal