Mancomún

Charla: Diario de Desenvolvemento: A aventura submarina, na Industriosa

Martes, 21 Maio 2024
Charla: Diario de Desenvolvemento: A aventura submarina, na Industriosa

O vindeiro sábado, 25 de maio, ás 12:00, na Industriosa terá lugar a charla “Diario de Desenvolvemento: A aventura submarina”.

Cartel da charla Diario de Desenvolvemento: A aventura submarina, na Industriosa

Nesta charla José Luis falará sobre o xogo subROV: underwater discoveries, no que está a traballar actualmente, e sobre as súas experiencias como desenvolvedor de videoxogos.

José Luis estudou Composición e Piano no Conservatorio Superior de Vigo, e traballou en numerosos proxectos como compositor e deseñador de son. Na actualidade compaxina o seu traballo como freelance co desenvolvemento de proxectos propios, tanto xogos (subROV), como software e hardware libre (sintetizador modular miniMO).

Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal