O 18 de xaneiro, en horario de 18.15 a 20.15, terá lugar no Ateneo (Rúa Reverendo Padre José Álvarez Cabezas, 1 – A Coruña) a charla de Python Coruña de Xaneiro de 2025.

Nesta ocasión teremos como poñente a Erie e despois gozaremos dunha merenda con embutidos, queixos, patacas, olivas, hummus e moitos turróns, así que non comades moito ese mediodía.
Tamén sortearase entre os asistentes unha licenza dun mes para a plataforma de cursos en liña CodelyTV.
Nesta nova charla continuaremos falando sobre unha das ferramentas máis estendidas para o procesamento de grandes volumes de datos, PySpark.
Realizaremos unha introdución (para lembrar o mencionado na primeira charla). Estes fundamentos axudaranos a profundar un pouco máis no seu uso dentro de contornas profesionais; empregaremos os principais compoñentes para realizar análises exploratorias e procesamento de datos.
Ao falar de contornas profesionais, trataremos sobre a arquitectura medallón e como a evolución dos datalakes e warehouses, o lakehouse, nos axuda a expor solucións máis robustas baseadas en datos.
 
					 
		 
			
 
			 
				